Arquivo para a categoría 'ruido'

O rat pack do noise

15/08/2010 Arquivado na categoría concertos,ruido

Cartel do concerto do 19 de agosto do 2010 na Casa das Atochas

Esta semana poderemos ver no C.S.O. Casa das Atochas un novo concerto de gafapastismo ruidista, que é como nos califican algúns das Atochas; algo que a mín me fai bastante gracia, aínda que a outros non tanta. Os máis dos que veñen tocar o día 19 son do Sur galaico e xa coñecidos por todos paisanos iniciados nestes terreos, coa excepción de Ranter’s Bay do que nunca escoitei nada e que descubrirei o próximo xoves. Por se alguén quere familiarizarse previamente co traballo dos interfectos, aquí van os enlaces de rigor: Carlos Suárez, Durán Vázquez, Mdmme, Ranter’s Bay.

Será o xoves día 19 de agosto ás 21 h (esperemos) no C.S.O. Casa das Atochas (Rúa Atocha Alta 14, A Coruña). Vémonos alí!

Aínda non comentou ninguén

Seguinte »