Arquivo para a categoría 'música'

Actualización e espera

10/08/2010 Arquivado na categoría blogs,música

Os que seguides este blog notariades que leva xa un tempo apagadiño, anunciando só concertos e similares e sen apenas comentarios interesantes. Quero facer que iso cambie. De momento actualicei a WordPress 3.0.1 e cambiei o tema, algo no que penso traballar este mes e a partires de setembro comezar a subir algo máis interesante. Non creo que continúe enfocando os temas cara a música unicamente, senon que espero que haxa máis variedade e tamén máis comentario (pola miña parte polo menos).

Ata entón non creo que publique máis nada, pode que máis anuncios de concertos se lle cadra.

Aínda non comentou ninguén

Seguinte »