Ritual en vivo de LDRTFS

Xa comezou unha nova edición do ArtExSonora, a terceira ata o momento. Aínda que non o avisei por aquí xa tivo lugar o primeiro concerto, por parte do grego Ilios e o próximo xoves 22 terá lugar o segundo. Desta volta será o galego LDRTFS o que faga tremer os cimentos do MACUF da Coruña. Será ás 21 h e a entrada gratuíta coma sempre.
Quedan pendentes concertos de Tzesne + Paralux e de Joaquín Lana + Laptop Orchestra, para máis información acudide á páxina da mostra.