Distancia

Tiven a oportunidade de asistir a un concerto de Josetxo Grieta o día 10 de maio de 2007. Lémbrome moi ben da experiencia do concerto, un dos mellores da miña vida. Viñeron dous;  Josetxo Anitua e Mattin (faltou Íñigo Eguillor) pero a atmósfera da habitación non podía ser máis densa. Todo a escuras, berros, ruidos, palabras (non se me vai da memoria aquel “verdes campitos/cuantas sonrisas”)…

Aquilo acabou sendo unha gravación que rematou de convencerme da radical diferencia entre os actos e a súa reprodución. Unha gravación que palidece ante aquel día, pero que serve para espertar o seu recordo. Falaba de impresións, e á que me levei da súa actuación hai que sumar a que quedou despois de tratalos: boa xente. Josetxo non falaba moito, pero deunos ánimos e mostrouse moi cordial e interesado por estas cousas que faciamos por aquí.

E chego así ao que me levou a escribir estas liñas. Hamaika acaba de editar (31 de decembro pasado) un CD-R de Josetxo Grieta: DISTANCIA # 2387. É unha gravación de febreiro de 2007 en Barakaldo. Só escoitei a gravación unha vez, mais quedoume claro que foi unha noite inesquecible. Como a que tivemos aquí tres meses máis tarde.

DISTANCIA # 2387 dispoñible dende Hamaika. Sonrisas vendo-¿Dónde nos llevan? dispoñible dende Taumaturgia.

JOSETXO ANITUAREN OROIMENEZ
(1964-2008)

Leave a Reply

  • Meta