Golden Cup + Freudi en concerto nas Atochas

Golden Cup é o proxecto en solitario de Luca Massolin (8mmrecs, Golden Jooklo Age), unha figura activa das novas xeracións da música italiana e agora residente en Portugal. Os instrumentos usados son cordas (guitarra, baixo, mandolina), voz e electrónica analóxica. Aléntao a súa fascinación polas obras dos pioneiros da música electrónica, o rock de guitarras dos primeiros 70 así como a improvisación cósmica, o minimalismo e o free jazz.
Freudi é unha conxuración entre Michele Mazzani e Aldo Becca (Palustre) e o nómada baseado en Boloña Davide Simonetti (Sethevoltracks). A miúdo perdidos na parafernalia do ruido con ultra-delay, hoxe en día están interesado no son do drone minimalista e os bucles de cinta de voces humanas, resultando unha experiencia altamente subliminal.
Isto será o próximo martes 18 de maio ás 20.30 no C.S.O. Casa das Atochas (Rúa Atocha Alta 14, A Coruña).
Leave a Reply
You must be logged in to post a comment.