Paris transatlantic – número de marzo

07/03/2007

Paris transatlantic é unha revista mensual adicada á música improvisada realizada por críticos musicais espallados a redor do mundo. Nalgúns casos, coma o de Dan Warburton, son músicos ademáis de críticos; o que da unha perspectiva e unha profundidade de análise dignas de atención. Unha valiosa fonte de información e de lectura máis que agradable.

Este mes inclue reseñas de Outubro de Manuel Mota, Keith Rowe Serves Imperialism de Michel Henritzi, Streaming de Muhal Richard Abrams, George Lewis e Roscoe Mitchell; Proletarian of noise de Mattin e Winterreise do Schlippenbach trio entre outros. Todo isto acompañado de reseñas de concertos e o sempre ameno editorial do sr. Warburton.

A desfrutar!

Aínda non comentou ninguén

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.