Ameazas

20/08/2008

Novo ataque da SGAE e amigos para tratar de impedir as descargas de internet que non lles interesa. Lin en Microsiervos esta anotación que leva a varios enlaces máis que interesantes sobre o tema.

Unha cuestión ante a que é inevitable tomar posicións.


París, 1977

20/08/2008

Para fans de Brötzmann coma min, o estupendo blog Inconstant Sol acaba de poñer a disposición dos afeccionados unha gravación do inusual trío Brötzmann, Portal, Bennink. Digo inusual porque por aquel época (1977), Brötzmann e Bennink traballaban principalmente como dúo despois de que Fred Van Hove abandonara o trio que dera froitos tan interesantes como Nipples ou FMP 130. Tamén lle ven a inusualidade pola multiplicidade de instrumentos que usa o trío.

Os enlaces de descarga pódense obter aquí.


0

05/08/2008


Clausura de ArtExSonora: YUAF

04/08/2008

http://www.xedh.org/larraskito/images/yuaf.JPG

O dúo de frauta e electrónica YUAF, formado por Yolanda Uriz e Ángel Faraldo, clausurará mañá o ciclo ArtExSonora que se desenvolveu durante este último mes no MACUF da Coruña. O concerto será ás 20.30 e a entrada é gratis.


Joaquín Lana e Xedh na Galería DF

04/08/2008


Auskal Muturreko Musika, 2 Tronpaketak

04/08/2008

En homenaje a Josetxo Anitua (1964-2008)

21- 22 - 23 agosto
ARTELEKU, kristobaldegi 14, Loiola auzoa, DONOSTIA-SAN SEBASTIAN

“Los encuentros Musika Radiklal Brasca / Auskal Muturreko Musika
quieren servir como punto de encuentro y sobre todo debate, sobre el
trabajo, las ideas y proyectos que varios creadores de estas geografías
realizan entorno a lo sonoro.”

Inscricións abertas ata o día 18 de agosto. Máis información e programa no blog MRB/AMM.


Durán Vázquez no MACUF

29/07/2008

Duran Vazquez

Mañá ás 20.00 actuará o vigués Durán Vázquez no MACUF da Coruña dentro do ciclo ArtExSonora.


Volontè en Allariz, Espazos Sonoros

21/07/2008

Gracias a Sinsalaudio!

Música para filmes de Harry Smith no CGAI

08/07/2008

Mañá, día 9, Miguel Prado porá música no CGAI a tres curtas experimentais do americano Harry Smith: Early Abstractions #1-5, 7, 10; Late Superimpositions #14 e Mirror Animation. Será ás 20.30 e con entrada de balde.


ArtEx Sonora

01/07/2008

miradas

Mostra de arte e experimentación sonora organizada por Alejadro Durán Barreiro e Antía Dona Vázquez e á que se poderá asistir no MACUF da Coruña. Un total de catro concertos con nomes como Manuel Gião (Portugal), Angel Faraldo (Ferrol), Xedh (Euskadi), Durán Vázquez (Vigo) e o dúo Yuaf formado por Yolanda Uriz e o xa mencionado Ángel Faraldo. Ademais, este último levará a cabo un taller de introducción á creación musical por ordenador dirixido a todo aquel interesado no ámbito da música e as novas tecnoloxías e par o que non se precisan coñecementos previos de informática ou música.

Todo isto será, como xa dixen, no MACUF durante o mes de xullo. Podedes obter máis información na páxina do museo ou no myspace de ArtEx Sonora.