quen?

Roberto Mallo naceu na Coruña no ano 1980. Un certo número de anos máis tarde comezou a tocar a guitarra en grupos de rock como Foggy Notion, Bunsen (estes dous en realidade son o mésmo) para acabar interesado na improvisación e máis adiante no ruido.

Agora mésmo toca o saxofón en Volontè xunto a Miguel Prado, Raúl García, Óscar Vilariño e Rafael Mallo. Participa ademais nos colectivos ocultos trala Asociación Cultural Fase, adicada á promoción da música improvisada e experimental en Galicia e do selo discográfico Taumaturgia que documenta en edicións CD-R estas e outras actividades.

É técnico de son e gravou a xente como: Devalo, Vale Tudo, Jimenez los Santos, Franc3s, YUAF, ademais de gravar os seus proxectos e traballar no directo.

Ten un blog chamado resonancia inductiva.

Discografía